Monday 29 de April de 2024

A Cabalgata dos Reis Magos será un percorrido de dous días por todas as parroquias do municipio


O xoves tamén haberá unha festa infantil desde as 17:00 horas no pavillón do IES Agra de Leborís para agardar ás Súsa Maxestades.

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, volverán percorrer as trece parroquias do Concello na cabalgata de dous días que se vai realizar mañá mércores e o xoves.
Ademais, o xoves tamén haberá unha festa infantil no pavillón do IES Agra de Leborís a partir das 17:00 horas, onde os nenos poderán agardar polas Súas Maxestades desfrutando de diferentes xogos e inchables.

O percorrido previsto da cabalgata é o seguinte:

Mércores 4 de xaneiro
MAÑÁ
• 11:00 h: Saída. Paso por Avenida López Astray, Gabenlle, Requesende, A Ferrulleira, Os Muíños de Abaixo, Merelle e O Cruceiro de Coiro.
• 11:30 h: Parada xunto á igrexa de Coiro. Paso por Novás.
• 12:00 h: Parada no Igrexario de Soutullo. Paso por A Xesta, O Seixoso, O Vilar, San Pantaión, As Orxeiras e Golmar do Medio.
• 12:30 h: Parada no campo de Lamas. Paso polo Igrexario de Golmar, A Beria, O Ramallal, San Cristovo, As Cerqueiras, O Viso, Goexe, O Sopé e Propeste.
• 13:30 h: Fin do percorrido en Santa Margarida de Montemaior.

TARDE
• 15:30 h: Saída de Santa Margarida. Paso por As Cernadas, A Pena, A Baiuca, Cumiáns e O Raño.
• 16:00 h: Parada no Igrexario de Montemaior. Paso por A Ferreira, Trixezo, A Brea, Saldante, A Fraga e Villamir.
• 17:00 h: Parada no mosteiro de Soandres. Paso por Boimir, O Campo Medado, Santa Baia, Curros, A Millarada, Vista Alegre, Condesuso, Vilarmaior e A Fontenla.
• 18:00 h: Parada no Igrexario de Erboedo. Paso por O Toural, Penso, O Rapadoiro, O Loureiro, A Medoña, Paiosaco, A Porta Santa, Fofelle e As Torres de Cillobre.
• 18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.
• 19:30 h: Fin do traxecto na Praza do Concello.

Mércores 5 de xaneiro
MAÑÁ
• 11:00 h: Saída. Paso por A Telleira, urbanización Monte Claro e O Cancelo.
• 11:30 h: Parada no Igrexario de Cabovilaño. Paso por Cardois, A Braña, O Regado, Arén, O Castro, A Lagarteira, A Braña Grande, Proame e A Fontaíña.
• 12:30 h: Parada no Igrexario de Lemaio. Paso por A Teixoeira, Nogán, urbanización O Pereiro, As Calzadas, Bos Aires, O Formigueiro, A Ribela, Marfulo, Os Meáns, Amboade e A Areosa.
• 13:30 h: Fin do percorrido no Igrexario de Vilaño.

TARDE
• 15:30 h: Saída. Paso por Estramil, Escurido e O Retorno.
• 15:45 h: Parada no Cruceiro de Lendo. Paso por A Fontenla, O Campo de Bragunde, O Campo da Porta, A Xesteira, O Campo da Costa e A Pedreira.
• 17:00 h: Parada na praza Eduardo Vila Fano de Caión. Percorrido polas rúas da vila e paso por Xermaña, A Barreira, A Cachada e Lestón.
• 18:00 h: Parada no campo da feira de Paiosaco e percorrido polas principais rúas da vila.
• 18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.
• 19:30 h: Fin do percorrido no pavillón do IES Agra de Leborís.